Refrescalofriante lectura para un verán de serie B. Hiperhíbridos, de Pablo Gallo. Textos pespuntados e remachados por Basho Bin-Ho.
Moitas posibilidades dá a vella combinatoria unha vez pasada pola pedra pop da literatura. Retranca, остранение, estrañamento, absurdo, permutacións patafísicas, collage estrambótico, fotos de grupo, desproporción, pavor, noxo, punch, curiosidade. Morbo. Velaquí uns petiscos:

abrindo boca Lispector

liñaxe sanguínea

a icona nosa
Eloy Fernández-Porta desglamurizando, desmaquillando, espeluxando á literatura no prólogo: “Dende o abrente da era moderna a arte da ilustración puxo a énfase na disparidade entre o verbo esencial do escritor e as súas necesidades e querelas, tan terrenais. A literatura sempre existíu no mercado [...]
[...] Na sociedade de consumo o escritor é un produtor de vida interior. A función que se lle asignou é a de xerar aquelas cualidades inmateriais -psicolóxicas, sensitivas, morais seica- que, dun xeito reverencial e cun aquel de superstición, seguimos a asociar ao formato libro.”
E, como é habitual, El Gaviero -editorial coa que publico neste outono- serve na súa colección anfibia [Salamandria] un libro-fetiche. Obxectos que nunca se len igual. Nunca no mesmo sentido.
A curiosidade abre o libro, di o eslogan dunha campaña de lectura da Fundación Sánchez Ruipérez.
Abride aló por onde queirades.
Ad libritum.
No hay comentarios:
Publicar un comentario