martes, 1 de noviembre de 2011

Estíbaliz a punto de Estíbaliz


papel a


Escribir xa supón en si algo estraño. Deixar marcas coas mans, marcas que nos significan e representan, que reproducen o que dicimos e recrean o que calamos. Escribir acontece no medio dun non saber qué facer coas mans, mans como excrecencias, mans cuxa silueta é a primeira palabra escrita. A impronunciable e primeira.
Pero nada tan estraño como ler algo escrito por un mesmo, procesado, post-producido e metabolizado polo que representa a industria da edición. Dende a miña tortuosa relación cos libros propios recréome nesta nova criatura, Criatura, igual que nos contos desta vez máis bela ca a anterior: a edición única que prestidixita El Gaviero garante que se trate dun libro que non se asemelle a ningún outro, nin sequera aos da súa mesma especie dentro da colección Salamandria.
Criaturiña.
 


Fuente: http://estibalizes.wordpress.com

Puedes comprarlos aquí